A sentencia da Audiencia Provincial que se recorre desestimou o recurso de apelación por considerar que ambas comunidades de montes veciñais (a demandante e a demandada) posúen un título equivalente, pero non se identifica a parte do terreo reivindicado de modo que non existan dúbidas de que coincide co título da comunidade demandante.
TRIBUNAL SUPERIOR DE XUSTIZA DE GALICIA, SALA DO CIVIL E PENAL. Na Cidade da Coruña, a cinco de decembro de dous mil cinco.
Na demanda declarativa que se formulou ante o Xulgado de primeira instancia solicitábase que se dictara sentencia pola que se declarase que o demandante ten dereito a acceder á propiedade das fincas descritas pagando ós demandados o precio das mesmas, elixindo entre o que ven determinado no informe pericial que se acompaña, o que as partes acorden ou o que se fixe pola Xunta Provincial, en defectos dos anteriores. Condea ós demandados a pasar por este pronunciamento e dispoñe-lo outorgamento da escritura pública de venta de ditas fincas a favor do demandante.
TRIBUNAL SUPERIOR DE XUSTIZA DE GALICIA, SALA DO CIVIL. Na Cidade da Coruña, a trece de outubro de dous mil cinco.