Encontrar:   Siguiente  Anterior
   

Convenios Colectivos

Convenio colectivo do sector textil da provincia de Ourense, con vixencia para os anos 2007 e 2008 (codigo de convenio num. 3200145),

Ficha
Título del convenio COMERCIO TEXTIL 
Código convenio 3200145 
Tipo de convenio Sector 
Ambito del convenio Ourense 
Convenio Colectivo Entrada en vigor: 01/01/2007
Boletin Boletín Oficial de Ourense Número [ Solo para usuarios ] de [ Solo para usuarios ] 
Sección III. COMUNIDADE AUTONOMA 
Órgano emisor CONSELLERIA DE TRABALLO 
Subórgano emisor DELEGACION PROVINCIAL. OURENSE. SECCION DE RELACIONS LABORAIS CODIGO UNIDADE ADMINISTRATIVA (CUA: 47 
Fecha de entrada en vigor 2007-01-01 
Extracto del documento solicitado
.

Unha vez visto o texto do convenio colectivo do sector téxtil da provincia de Ourense, con vixencia para os anos 2007 e 2008 (código de convenio núm. 3200145), que foi subscrito o día 28 de maio de 2007, dunha parte, en representación da parte empresarial, polos representantes da Asociación Provincial de Empresarios do Comercio Téxtil de Ourense, e doutra, en representación dos traballadores/as do sector, polos representantes das centrais sindicais: Unión Xeral de Traballadores (UXT), Confederación Intersindical Galega (CIG) e Comisións Obreiras (CCOO), e de conformidade co disposto no artigo 90. 2º e 3º do Estatuto dos traballadores, texto refundido aprobado polo Real decreto 1/1995, do 24 de marzo, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servizos da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo e demais normas aplicables de dereito común, esta delegación provincial acorda:

Primeiro

Ordenala súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo, que consta nesta delegación provincial, e notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo

Ordenalo seu depósito no Servizo de Relacións Laborais, Unidade de Mediación, Arbitraxe e Conciliación (UMAC).

Terceiro

Dispoñela súa publicación no Boletín Oficial da Provincia.

Ourense, 18 de xuño de 2007. A delegada provincial. Asdo.: Carmen Rodríguez Dacosta.

CONVENIO COLECTIVO DO COMERCIO TÉXTIL DA PROVINCIA DE OURENSE PARA O 2007- 2008

Artigo 1.- Ámbito de aplicación.

Este convenio aféctalles a tódalas empresas dedicadas ó comercio téxtil con centro de traballo na provincia de Ourense, aínda que a súa sede social tivera o seu domicilio noutra distinta, e servirállela súa aplicación igualmente ás empresas que durante a vixencia deste convenio se instalasen na provincia.

Artigo 2.- Ámbito persoal.
X
...Cargando...

Optimice la gestión de su despacho  |  Adaptación a la LOPD  |  Factura electrónica  |  Promoción y presencia en internet

 

© Iberley | Aviso Legal | Política de privacidad | webmail