.
Visto o texto do convenio colectivo de ámbito
autonómico do sector de residencias privadas da terceira
idade da Comunidade Autónoma de Galicia, (código de
convenio nº 8200475), que se subscribiu o 7 de maio de 2007,
pola parte empresarial, pola Asociación de Residencias
Gallegas de la Tercera Edad (Agarte) e a Asociación Galega
de Residencias e Centros de Anciáns de Iniciativa Social
(Acolle), e pola parte social, pola UGT e a CIG, e de conformidade
co disposto no artigo 90.2 e 3 do Real decreto lexislativo 1/1995,
do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do
Estatuto dos traballadores, e no Real decreto 1040/1981, do 22 de
maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de
traballo.
Esta dirección xeral,
ACORDA:
Primeiro
Ordenar a inscrición do devandito convenio colectivo no
rexistro xeral de convenios desta dirección xeral.
Segundo
Remitir o texto orixinal ao correspondente servizo deste centro
directivo.
Terceiro
Dispoñer a súa publicación no Diario
Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 28 de maio de 2007. Pilar Cancela
Rodríguez Directora xeral de Relacións Laborais
II CONVENIO COLECTIVO DO SECTOR DE RESIDENCIAS PRIVADAS DA TERCEIRA IDADE DA COMUNIDADE AUTONOMA DE GALICIA
CAPÍTULO I
Artigo 1º.-Ámbito funcional.
Este convenio colectivo será de aplicación nas
empresas e establecementos que exerzan a súa actividade como
residencias da terceira idade (asistidas, non-asistidas e mixtas),
tanto para estadías permanentes como temporais, así
como tamén en residencia de día, todo iso calquera
que sexa a súa denominación.
Quedan expresamente excluídas do ámbito de
aplicación deste convenio as empresas que realicen coidados
sanitarios específicos como actividade fundamental,
entendéndose esta exclusión, sen prexuízo da
asistencia sanitaria aos residentes como consecuencia dos problemas
propios da súa idade.
Artigo 2º.-Ámbito territorial.
Este convenio será de aplicación en toda a
Comunidade Autónoma galega.
Artigo 3º.-Ámbito persoal.
Quedan comprendidos no ámbito do convenio todos/as os/as
traballadores/as que presten os seus servizos nas empresas
afectadas por el.
Quedan expresamente excluídos aqueles traballadores/as
que presten os seus servizos en residencias en que a titularidade e
xestión correspondan á Administración
pública.
Artigo 4º.-Vixencia e duración.
A vixencia deste convenio será por tempo indefinido en
todos os seus contidos, ata que as partes decidan
substituílo por outro negociado, en todo ou en parte, e de
acordo co previsto no artigo 5º do convenio. Inicia a
súa vixencia o...