.
Entre as actividades propias de diversos postos de traballo
encadrados no ámbito da función docente e inspectora
non universitaria e da unidade técnica e determinado persoal
laboral, atópanse aquelas encamiñadas a garantir unha
adecuada atención educativa, que exixen o desprazamento por
razón do servizo do persoal funcionario e do persoal laboral
polas estradas, que utilizan necesariamente os seus
vehículos particulares por mor da programación do
traballo, carácter itinerante das funcións, horario
dos centros e outras.
Atendendo a esta circunstancia e coa finalidade de compensar os
eventuais danos materiais, non cubertos, que sufra o citado persoal
dependente desta consellería nos seus vehículos
particulares, a Consellería de Educación e
Ordenación Universitaria
DISPÓN:
1. Convocar axudas económicas para compensar os gastos
derivados dos danos causados no vehículo particular como
consecuencia de accidentes de circulación producidos nos
desprazamentos por razón do servizo, acontecidos desde o 1
de setembro de 2009 ata o 31 de agosto de 2010,
incluído.
2. Non serán obxecto de compensación a
través destas axudas:
a) Aqueles supostos en que a obriga da reparación dos
danos corresponda integramente a unha entidade aseguradora ou a un
terceiro.
b) Os danos derivados de avarías mecánicas.
c) Os danos derivados dos accidentes acontecidos nos
desprazamentos desde o domicilio ao centro de traballo e
viceversa.
1. O importe das axudas poderá acadar como máximo
a totalidade do valor da reparación sen que, en
ningún caso, poida superar o límite máximo de
doce mil cincocentos vinte e dous euros (12.522 €).
2. A contía máxima do crédito destinado a
esta convocatoria será de cento seis mil catrocentos trinta
e nove euros (106.439 €), con cargo á aplicación
orzamentaria 09.05.421A.162.05, dos orzamentos xerais da Comunidade
Autónoma de Galicia para o ano 2010.
1. Poderán solicitar esta axuda económica o
persoal docente que imparta ensinanzas reguladas na Lei
orgánica 2/2006, do 2 de maio, de educacion, as/os
inspectoras/es ao servizo da Administración educativa de
Galicia, o persoal funcionario...